martes, 2 de octubre de 2007

Cómo mentir coa estatística

Reflexiona e debate sobre as seguintes preguntas
En certa ocasión perguntaron-lle a un vendedor que como podia vender tan baratos os seus sandwiches de coello.

O vendedor respondeu:- "ben, teño que admitir que hai un pouco de carne de cabalo. Mais a mestura é só 50:50 ; uso o mesmo número de coellos que de cabalos". [ Darrel Huff, "Como mentir coa estatística".]


PODES APORTAR OUTROS EXEMPLOS?
QUÉ FAI QUE SE POIDA UTILIZAR A ESTATÍSTICA PARA MENTIR?
Abaixo tes un exemplo, pero podedes aportar máis..


Agradezo calquera contribución que permita por a descoberto a forma en que se pode mentir usando a estatística.



Saudos.

4 comentarios:

Alba dijo...

que gustiño , xa podemos escribir


pois sí, mentiras hai moitas, as estadísticas son un tipo delas.



ciao.

Sunny dijo...

Ai si, se foran a mesma cantidade de carne 50 coellos que 50 cabalos... moi grandes tiñan que ser os coellos... ou moi pequenos os cabalos.

Estiven lendo de novo o "victimas da estistica"...que añoranza de Pablo na clase ¿non? esperemos que este ano xurda igualmente a imaxinación... e senon, sempre nos quedara neuronilla.com

Anónimo dijo...

A estatística é unha disciplina que se ocupa de obter, organizar e analizar a información. A súa fin última é facilitala toma de decisións.A cotio recibimos multitude de información estatítica, a falta de crítica pola nosa parte de multitude de coincidencias probabilisticas pode levarnos a numerosos erros.

Cito algúns exemplos:

1- As estatísticas dín que en Segovia a mortalidade por tuberculosis é a mais alta en todo o estado. A interpretación de esta información estatística a simple vista é que o clima ou a contaminación fan que en Segovia se rexistren mais casos que no resto do estado. A realidade é ben distinta, a elevada cifra de casos en Segovia é producto de que dada a sua boa climatoloxia os enfermos de tuberculosis desplazanse ata alí para recuperase e como consecuencia de elo moitos perecen alí. Polo tanto a lectura sosegada e analitica conducenos a unha conclusión contraria da que sacariamos se so nos quedamos co titular.

2-Un estudo demostrou que nunha cidade europea produciuse un elevado aumento da mortalidade por accidentes vasculares e o mesmo tempo o consumo de cervexa aumentaba. Se so nos quedamos con estes datos poderiamos sacar unha conclusión causa-efcto equivoca. Ou mesmo o alcalde na toma de decisións podería sacar un bando prohibindo o consumo do ciado ouro liquido. Pero o alcalde como seguramente sería unha persoa sensata e con bo gusto miraría o censo e dariase conta de que o aumento foi consecuencia non do aumento no consumo da cervexa senon o espectacular aumento poboacional que entre outras cousas provocou un aumento no consumo do pan, do leite, da cervexa, e mesmo dos infartos.

Un saudo a todos

vnovegil dijo...

Grazas Bruno, son bos exemplos de que hai que ter coidado coas interpretacions, invocando á Estatística, e sobre todo para darnos conta de que hai que ser crítico coas cousas que nos dín.

A Estatística ben utilizada axuda para non enganar á xente, e mal utilizada permite disfrazar de cifras as mentiras.

Calquera instrumento (estatística) hai que usalo con unha actitude correcta.